Estás en Ningures
Dende 1.986, en Teatro de Ningures contamos con máis de trinta espectáculos producidos e distribuídos, tanto clásicos como contemporáneos, sempre cun fondo compromiso social e tratando temas de actualidade.
Tamén impulsamos a creación e formamos parte da organización de eventos como a Mostra de Teatro de Cangas ou a Mostra de Teatro Universitaria da UVigo, ademáis dunha intensa actividade pedagóxica tanto na Escola de Teatro de Cangas como na UVigo.

Próximos eventos
Últimas novas
Ningures Formación

Na ETC ofrecemos obradoiros de teatro para infancia, adolescencia e persoas adultas: de iniciación, de posta en escena e monográficos para alumnado de nivel avanzado. O espectáculo que se crea no obradoiro de Posta en Escena, celebra a súa estrea anual no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Teatro de Ningures é a compañía encargada de dirixir as Aulas de Teatro da Universidade de Vigo e de organizar a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) nos campus de Vigo e Pontevedra dende 1999.
Nas Aulas de Teatro ofrecemos unha formación que permite acceder ao alumnado á aprendizaxe das principais disciplinas escénicas: a expresión corporal e vocal, a interpretación, a improvisación, a emoción e a posta en escena.