Skip to main content

Teatro de Ningures Premio da Crítica de Galicia 2025 en Artes Escénicas

| Teatro de Ningures |
19 Outubro 2025

Orgullosas e agradecidas por este Premio da Crítica 2025, máis, se cabe, por estar tan ben acompañadas polas outras compañías finalistas, ButacaZero e Grupo Chévere, compañeirxs que fan que o premio acade aínda máis valor para nós por admiradas e benqueridas.

“O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Escénicas, acordou outorgar por unanimidade o premio a “As gardiás” de Teatro de Ningures.
O xurado salientou a dilatada traxectoria profesional de Teatro de Ningures, non só polos trinta espectáculos creados senón tamén por impulsar o teatro comunitario e pola súa vinculación coa formación artística. O espectáculo As gardiás, estreada en outubro 2024 cuestiona o sistema residencial e abre as portas a novos modelos de autoxestión vital propoñendo un necesario debate sobre os coidados na vellez.”

Próximos eventos