
Por Teatro de Ningures
Prazos
- MATRÍCULA ABERTA A PARTIR DO 06 DE OUTUBRO DE 2025 ÁS 16:00H
- COMEZO DOS CURSOS: 1ª SEMANA DE NOVEMBRO DE 2025
- REMATE: XUÑO 2026
- LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL XOSÉ MANUEL PAZOS VARELA, CANGAS
Cursos
POSTA EN ESCENA DUNHA MONTAXE TEATRAL
- LUNS DE 18:30 A 21:30 | VENRES DE 19:00 a 21:00 (opcional)
- IMPARTE: FRAN PAREDES
Durante este tempo, actrices e actores desenvolverán os seus personaxes en conexión coa dirección, que guiará como se interpretará o texto xunto cos elementos visuais e sonoros. A interacción de actores e actrices, e a maneira en que utilizan a súa expresión corporal e vocal, fará desa posta en escena unha experiencia única e irrepetible, e a súa interpretación realzará o texto dramático permitíndolles conectar emocionalmente coa audiencia. Actrices e actores son, sen dúbida, o núcleo da posta en escena
O concepto «posta en escena» é un concepto clave no teatro que fai referencia ao proceso de transformación dun texto dramático nunha representación visual e auditiva. Un dos seus aspectos máis significativos é a capacidade para comunicar mensaxes e emocións. Neste proceso é fundamental unha colaboración fluída entre o director, os actores e o equipo técnico (escenografía, vestiario, iluminación, son…) en diversas etapas, desde a conceptualización inicial ata os ensaios, para levar a cabo non só a representación dun texto, senón para por riba de todo establecer unha ponte emocional entre a historia e o espectador.
O XOGO TEATRAL: CURSO DE EXPLORACIÓN E CREACIÓN ESCÉNICA
- MARTES 17:00 A 19:00
- IMPARTE: SONIA RÚA.
Un espazo de liberdade e creación compartida, onde o corpo, a voz e a emoción se convierten en xogo. Unha proposta aberta a persoas con, ou sen experiencia, orientada a investigación creativa, para quen queira un achegamento ao teatro, como un proceso de descubrimento, creación e encontro.
OBRADOIRO DE ESCRITA TEATRAL E DIRECCIÓN TEATRAL
- MARTES DE 19:00 A 21:30
- IMPARTEN: SANTIAGO CORTEGOSO, SALVADOR DEL RÍO
Este curso divídese en dúas partes, a primeira de escrita irá desde o inicio ata mediados de febrero e a segunda de dirección irá ata fin de xuño.
ESCRITA TEATRAL
Non hai un método para escribir teatro. Ou o que é o mesmo: “Hai tantos métodos como escritorxs”. O xeito de desenvolverse na escrita vén determinado pola sensibilidade persoal para seleccionar e tratar os temas, o estilo, o xénero… Con todo, hai ferramentas que nos poden axudar a ordenar as ideas e a facilitar a comprensión do proceso de creación dramatúrxica: composición de personaxes, tipos de estruturas dramáticas, conflitos e móbiles da acción… A proposta é xogar: xogar a que somos creadores sen límites, nin de orzamento, nin de tempo, nin de conciencia. Só temos ante nós moitos folios, un mundo do que falar e unha percepción da vida que nos individualiza. Se cadra, expresar esta identidade é a esencia da creación dramática.
DIRECCIÓN TEATRAL
A idea deste obradoiro é realizar a montaxe teatral daquelas escenas creadas durante o proceso de escrita. Trátase de coñecer todas as fases que implican a posta en escena, dende a análise e comprensión do texto, as personaxes, a escenografía, vestiario, espazo sonoro e lumínico, ata a confrontación dos resultados co público. Sempre dende o punto de vista do director de escena. Será eminentemente práctico e o alumnado fará tanto a dirección das súas escenas como a participación como actor ou actriz dos outros traballos
O CORPO CREATIVO
- MÉRCORES 19:30 A 21:30
- IMPARTE: MAITE CAMPOS
Laboratório de Creatividade Corporal. Movemento Orgánico.
É un tempo para escoitar o noso corpo, para ter un contacto pleno e placenteiro con el. Dende a necesidade primitiva de crear, buscaremos unha línguaxe consciente que nos permita: a expresión do ser, dos sentimentos, das emocións, dos desexos.
A comunicación cun mesmo, cos demais, co medio. Reencontrarnos cos nosos movementos orgánicos e xestos verdadeiros.
Imaxinar, Xogar, Danzar.
INTERPRETACIÓN TEATRAL
- XOVES 19:30 A 21:30
- IMPARTE: CASILDA ALFARO
Espazo de Encontro, relación, intercambio, xogo…que estimula a exploración creativa individual e de grupo, desenvolvendo habilidades relacionadas coa expresión corporal, vocal e emocional.
Espazo que fomenta a capacidade de atención, imaxinación, creatividade, ritmo….A través do xogo dramático.
Matrícula
Non se precisa experiencia previa, excepto no curso de posta en escena. Haberá un mínimo de 8 prazas que teña lugar o curso. A matrícula será por orde de inscrición.
- MATRÍCULA ANUAL: 25 €
- MENSUALIDADE: 25 €
- PAGOS DE 75€ POR TRIMESTRES ANTICIPADOS
INSCRICIÓN A TRAVÉS DO FORMULARIO https://forms.gle/DrqLJJHAtPx2roNSA
MAIS INFORMACIÓN:
- www.teatrodeningures.gal
- teatrodeningures@hotmail.com
- Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela: 986304108
- Teatro de Ningures: 654464360