- Este evento pasou.
O Ogrocho en Cuntis
20 Novembro 2021 | 19h00 - 20h00
ARGUMENTO
“O Ogrocho” representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada. O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconcíliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demáis.. Para elo ten que superar tres probas….
Este relato negro e tenro inspírase nos contos tradicionais e está escrito coa finura e intelixencia da gran autora para público infantil, Suzanne Lebeau.
O Ogrocho aborda moitos e variados conceptos: a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, o lúdico da vida, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade e o engano. Ao expoñer as polaridades de dous personaxes fai que non os situemos como bos ou malos, senón como a seres complexos e cheos de emocións, de maneira que pode así mostrarse unha boa síntese da vida.
O OGROCHO
- De Suzanne Lebeau
- Tradución de Henrique Harguindey
Reparto:
- Nai: María Salgueiro
- Ogrocho: Lois Soaxe
Música:
- Composición e arranxos: Anxo Graña
- Intérpretes: Pablo Souto e Anxo Graña
- Técnico de iluminación: Héctor Pazos
- Deseño e construcción escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor”
- Deseño e confección vestiario: Chui Blanco Salgueiro
- Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo
- Deseño iluminación: Salvador Del Río
- Maquillaxe: María Salgueiro e Lois Soaxe
- Realización vídeo e montaxe: Deica Audiovisual
- Coreografía: Olga Cameselle “Lez”
- Dirección: Salvador Del Río
- Producida por: Ningures Produción SL
- Coproduce: Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
- Colabora: Auditorio Municipal de Cangas