O TSUNAMI de Marcos Abalde
Maio 7 | 18h30
De balde

GRUPO DE TEATRO DA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA ESADG
Autor: Marcos Abalde
ELENCO
- Candela Martinez
- Dani Lago
- Sandra Zarco
Espazo Sonoro: Leo Arremecághona
Dirección, dramaturxia e iluminación: Roberto Vázquez
SINOPSE
Un home orfo que vive na casa da súa nai comeza a traballar como garda de seguridade das antigas escavadoras da mina de carbón das Pontes. A súa rutina verase alterada pola aparición dun misterioso cervo na beira da lagoa. O tsunami é unha comedia postapocalíptica que parte dun feito real como o proxecto de rexeneración da lagoa das Pontes, na que nos vemos reflectidos como monstros froito dunha sociedade corrupta ao bordo do colapso climático.