Cargando eventos

« Todos os eventos

“Telma e Lola”. Vigo

Outubro 23 | 20:00 - 21:10
8.00€

Hai vinte anos, Lola e Rosalía marcharon da vila sen motivo aparente. Agora, Lola está de volta para unha viaxe de puro trámite: baleirar a casa familiar, vendela e volver canto antes a Tenerife, evitando reencontros incómodos co pasado.

Pero o destino ten outros plans. Telma, a entusiasta axente inmobiliaria encargada da venda, idolatra a Lola e a Rosalía por seren a primeira parella lesbiana do lugar. Determinada a triunfar como creadora de contidos, Telma atopa na viaxe de Lola a historia perfecta para o seu novo podcast.

Aínda que Lola tenta frear a súa curiosidade, Telma decide investigar pola súa conta… sen saber que está a piques de destapar un segredo oculto durante vinte anos.

Un corpo sen vida, especulación inmobiliaria, lesbofobia e un crime do pasado. Un misterio a piques de ser revelado… en formato podcast.

REPARTO:
IRIA PINHEIRO
FRAN PAREDES
CASILDA ALFARO
MÓNICA CAMAÑO
  • Dirección: Salvador del Río
  • Texto: Daniel D. García e Sandra Lesta
  • Deseño Escenografía: Pablo Giráldez, “O PASTOR”
  • Deseño Vestiario: Sonia Rúa
  • Espazo Sonoro: Héctor Pazos
  • Asistencia Coreografía: Raquel Ferradás
  • Deseño Iluminación: Héctor Pazos/Salvador del Río
  • Imaxe: Diego Seixo

Contratación:
Lilian Portela
AMARELO Distribución
+ 34 610 106 808 / lilian@amarelo.es

Detalles

Recinto

  • Auditorio Municipal de Vigo
  • Praza do Rei 1
    Vigo, Pontevedra 36202 Spain
    + Google Map