Skip to main content

Estar en Ningures

Fundada en 1986

Dende a súa fundación, Teatro de Ningures vive por e para o teatro, o teatro que quere facer, un teatro de actualidade, ambicioso, comprometido coa realidade e coa comunidade.

A compañía, implicada co seu territorio, nútrese da fabulosa materia prima profesional e social do Morrazo, comarca tradicionalmente vencellada ao teatro, na que abundan artistas en todas as disciplinas: autoría, interpretación, espazo sonoro, escenografía e imaxe.

Facemos teatro dende o próximo na procura do universal, así o demostran os máis de 30 espectáculos creados, producidos e distribuidos por toda Galiza e o resto do estado.

A nosa actividade creativa complétase cunha área pedagóxica e outra organizativa:
A pedagóxica, dende 1999, a través das Aulas de Teatro da Universidade de Vigo e Pontevedra e, dende 2008, coa Escola de Teatro de Cangas. A organizativa a través da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) ademáis da creación, organización e dirección do macroespectaculo teatral e musical, “A Defensa da Vila. María Soliña”.

Un labor íntimamente relacionado co Teatro Comunitario, un dos piares nos que se fundamenta a nosa principal razón de existir.

Habitantes

Casilda Alfaro
Casilda Alfaro
Sonia Rúa
Pepa Barreiro
Salvador del Río
Héctor Pazos
Serafín Piñeiro
Diego Seixo

Constelación Ningures

Compañía Asociada
Distribuidora
Organización
Colaboradora
Colaboradora
Colaboradora
Colaborador