Cargando eventos

« Todos os eventos

Aula de Teatro do Campus de Pontevedra

2 Outubro 2021 - 26 Maio 2022

De balde

Información e matrícula:

  • Imparte: Teatro de Ningures
  • Matrícula: do 1 de setembro ata o 15 de outubro de 2021
  • Destinada á comunidade universitaria e cidadanía en xeral
  • Información e matrícula: https://campusactivo.uvigo.gal
  • Número de prazas: 20
  • Actividade gratuíta
  • Martes e xoves de 18:30 a 21:30h. Dende 2/11/2021 a 26/05/2022

Obxectivos e temática:

O propósito fundamental desta proposta é que o alumnado universitario e calquera outra persoa interesada no teatro participen nas fases dun proceso de creación teatral, desde o momento inicial da elección e lectura do texto ata a representación final diante dun público. Trátase de dotar os participantes dun abano de ferramentas para que poidan escoller e descubrir cal é a adecuada forma de desenvolver o seu labor como actor/actriz ou noutras funcións (escenógrafo, figurinista…). Todo se fará mediante exercicios prácticos que pretenden fomentar a capacidade de concentración, memoria, oratoria e expresión, creatividade, imaxinación, sentido do ritmo e a musicalidade… Cabe sinalar que o teatro é un lugar privilexiado para a reflexión e para o dialogo, ademais de ser un instrumento que nos axuda a coñecernos mellor e a relacionarnos cos demais dunha maneira especial.

A modo de resumo, pode dicirse que os seus obxectivos principais son:

  1. Fomentar a lectura de textos teatrais.
  2. Fomentar a capacidade de expresión oral e corporal.
  3. Dar a coñecer as funcións que realizan os compoñentes dun espectáculo teatral: actores, director, escenógrafo, figurinista…
  4. Fomentar a asistencia a espectáculos teatrais.
  5. Fomentar a capacidade de relacionarse cos demais.
  6. Fomentar o traballo en equipo.

Este curso terá unha segunda parte máis centrada na preparación dunha peza teatral que se estreará no contexto das xornadas MITEU de Pontevedra, nas que participarán outras compañías nacionais e internacionais.

Docentes:

  • Salvador del Río Pérez

Programa:

Exercicios preparatorios:

  • Relación entre actores/actrices
  • Relación actor-público
  • Posta a punto corporal e vocal

Lectura e comprensión do texto teatral:

  • Análise das situacións
  • Análise dos personaxes
  • Obxectivos dos personaxes
  • Obxectivos da obra

Encarnación do personaxe:

  • Externo e interno
  • Busca da voz e da pose corporal
  • Subtexto
  • Ritmo interno do personaxe e ritmo externo das accións

A montaxe teatral:

  • Improvisacións sobre as escenas
  • A relación
  • Indicacións sobre a interpretación

 

Detalles

Comezo:
Outubro 2
Remate:
26 Maio 2022
Custe:
De balde
Categoría do Evento:
https://campusactivo.uvigo.gal

Recinto

Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Rúa da Maestranza 2
Pontevedra, 36002
+ Google Map

Apdo. 117, 36.940, Cangas, Pontevedra

Compañía asociada a

© Ningures Produción. Todos os dereitos reservados.
Deseño Diego Seixo.