Skip to main content
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Aula Iniciación ao Teatro · Campus Vigo

13 Outubro 2021 | 16h30 - 18h30

|Recurring Evento (ver todos)

An event every week that begins at 16h30 on Luns and Mércores, repeating until 13 Decembro 2021

Este obradoiro ten unha duración de 30 h. e o seu obxectivo é:
Dotar ó alumno/a dun abano de ferramentas o suficientemente amplo como para que, de entre toda a gama, sea él mesmo quen elixa e descubra cál é a adecuada para realizar o seu labor como actor/actriz. Todo mediante exercicios prácticos que pretenden fomentar a capacidade de concentración, memoria, oratoria e expresión, creatividade, imaxinación, sentido do ritmo e a musicalidade… todas as cualidades que un actor/actriz precisa.

No caso de ter que eliminar as clases presenciais con motivo das restricións sanitarias ocasionadas pola COVID19, o curso pode continuar por videoconferencia por medio de google meet ou calquera outra plataforma, para o cal será preciso dispoñer de: conexión a internet, un aparello tipo movil, tablet, portatil ou PC.

Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.

Para quen o desexe, continúa no segundo cuadrimestre con POSTA EN ESCENA.

NOS OBRADOIROS RESPECTARANSE TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE DERIVADAS DA COVID´19, SEGUNDO A NORMATIVA APLICABLE, INCLUÍNDO O USO DA MÁSCARA QUE SERÁ OBRIGATORIO EN TODO MOMENTO.

Programa

  • Manexo da terminoloxía teatral básica a través de exercicios prácticos.
  • Coñecer o corpo como instrumento artístico: as súas capacidades e recursos.
  • Coñecer a voz: a respiración diafragmática, os resonadores, trabalinguas, exercicios de dicción, articulación e impostación.
  • Xogos de desinhibición.
  • Improvisacións semi-preparadas partindo de frases e sentimentos dados.
  • Interpretación de personaxes dramáticos.
  • Exercicios de concentración e memoria.
  • Aprender a relaxarse un mesmo e aos demais mediante masaxes e exercicios respiratorios.
  • Tabla de exercicios de aquecimento e estiramiento.
  • Exercicios de fomento da imaxinación.

Detalles

Data:
13 Outubro 2021
Hora:
16h30 - 18h30