Cargando Eventos

« Todos los Eventos

INSURRECCIÓN de Fernando Dacosta

abril 9 | 18:30
Gratuito

AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE DA UVIGO «MARICASTAÑA»
OURENSE (GALICIA)

AUTOR: dramaturxia de Fernando Dacosta inspirada en Rebelión na granxa, de George Orwell

ELENCO
Iria Losada, Diego Galdo, Vicki Reinoso, Paula Iglesias, Anabel, Miguel Solanas, Alba Gálvez, Óscar Castromán, Rubén Gómez, Carmen Blanco e Silvia Cortón

Iluminación, atrezzo e técnicos en xira:
José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
Vestiario e complementos: Tegra e Lele
Cartel e programa: Pablo Otero
Espazo sonoro: Renata Codda Fons
Canción final «A do faro»: Lucía Aldao
Auxiliar de dirección: Chelo Cortiñas
Dramaturxia, escenografía e dirección: Fernando Dacosta

SINOPSE BREVE

Estase a librar a nai das batallas. Non é a primeira vez na historia, aínda que algunha das veces pode ser a derradeira. A loita é, a grandes trazos, entre a utopía e a distopía.
Un grupo de persoas traballadoras está a ser oprimido polo seu xefe. A conciencia vai aflorando nese grupo ata que estoura a insurrección e conseguen facerse co control dos seus medios de traballo e de subsistencia. Conseguen o control sobre as súas vidas. A partir dese momento ábrese un tempo de esperanza que dá cabida ao repouso, ao traballo con sentido, a tempos para a música, para a danza, para o pensamento. Aparecen tempos para a amizade, para o humor e para a colaboración nunha sociedade que é, por fin, a de todas.
Mais hai quen se sente máis forte e con máis dereito a gozar do que é común e que, pouco a pouco, lentamente, vai cambiando as normas da colaboración e volvendo ao lugar liberado nun lugar de explotación aínda peor que o que había antes.
A medida que a súa situación no traballo e nas condicións de vida empeora, e que os excesos dos que tomaron o poder son maiores, a maioría vai esquecendo a revolta, vai perdendo a memoria pola propaganda incansable dos novos opresores. Vai dividíndose, vai perdendo as forzas…
E haberá algunha posibilidade, nalgún momento, de facer unha nova insurrección?

Detalles

  • Fecha: abril 9
  • Hora:
    18:30
  • Precio: Gratuito
  • Categoría del Evento:

Organización

  • Extensión Universitaria. Universidade de Vigo
  • Ningures Produción

Recinto

  • Teatro da Cidade Universitaria de Vigo
  • Teatro da Cidade Universitaria de Vigo, Estrada de Marcosende
    Vigo, Pontevedra 36310 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 986 46 88 67