Skip to main content

Teatro de Ningures é a compañía que rescatou para as artes escénicas galegas a historia de María Soliña. Foi en 1989, cun espectáculo creado a partir dalgúns documentos históricos, do poema de Celso Emilio Ferreiro, de textos de Xosé Manuel Pazos Varela, das improvisacións das actrices e actores e da dramaturxia de Etelvino Vázquez.

Optamos por utilizar os datos históricos para trascendelos e crear unha ficción escénica sobre a intransixencia, a cobiza e a soidade, pero non un espectáculo historicista. 

20 anos despois, decidimos reformular aquel proxecto con novos textos e dramaturxias que se adaptasen ao século XXI, recollendo as aportacións realizadas polas investigacións levadas adiante, dentro e fora do ámbito académico e do feminismo, sobre a caza de bruxas da que foron vítimas as mulleres, non só no Morrazo e Galicia senón en todo o mundo. 

Así, ideamos un novo macroespectáculo de rúa, no que quixemos implicar a máis intérpretes e artistas que os propios da compañía, tanto amadores como profesionais e, tamén, ás asociacións sociais e culturais da vila e a toda a cidadanía do Morrazo, nunha decidida aposta por pór en valor e aproveitar a fabulosa materia prima que existe na comarca, tanto teatral e cultural como socialmente. 

Esta segunda achega escénica a María Soliña, leva tatuado o noso ADN, o dunha compañía radicalmente implicada no territorio que, dende o seu nacemento, abríu as súas portas á vila e á comarca, buscando cómplices para o teatro e o seu poder como espello da sociedade, para estimular a reflexión, o pensamento crítico e a transformación social, cómplices para facer do Morrazo un lugar de convivencia e proxectalo máis alá das súas fronteiras. 

Con este proxecto, Teatro de Ningures acadou a complicidade de toda unha cidadanía que participa, moi activamente, no macroespectáculo teatral e musical, A DEFENSA DA VILA. MARÍA SOLIÑA, no que están implicadas 13 asociacións sociais e culturais e máis de 150 persoas, entre profesionais e amadores, fortalecendo así o tecido social da comarca e creando un fabuloso espazo de memoria e de identidade colectiva. Un auténtico teatro comunitario.

A defensa da vila. María Soliña

Baseada no texto teatral “María Soliña” de Xose Manuel Pazos, nos poemas de Celso Emilio Ferreiro e na transcrición de documentos históricos.

Adaptación e Dramaturxia de Casilda Alfaro e Salvador Del Río.

COA PARTICIPACIÓN DAS ASOCIACIÓNS

A Cepa · Adicam · Ameaça de Bombo · ACF Tromentelo · AC Lembranzas da Ría · AC Peis d’hos AC Defensa da Vila · AC Xiria · Asoc. Mariñeiros de Bouzas · Asoc. Mulleres Escola Vella- O Hío · Club Falcata de Esgrima Histórica · Escola de Música e Conservatorio de Cangas · Escola de Teatro de Cangas · Grupo Vocal María Soliña · Grupo de Teatro das Aras · Pandereteiras de Lembranzas da Ría · Pandereteiras de Peis d’hos

Agradecemos a colaboración prestada a todas as persoas, asociacións, actrices, actores, bailaríns, bailarinas e músic@s, que fan posible esta montaxe teatral.

REPARTO
  • María Soliña: Sonia Salgado
  • Pedro Barba e Demo: Lois Soaxe
  • Inquisidor: Juan Luis Pérez
  • Cego: Fran Paredes
  • Lazariña/zanfona: Sara Malvido
  • Espantallo da Morte: Manolo Cobas
  • Meigas: Bea Díaz, Carmen Suárez, Clara Sotelo, Luz Álvarez, María Fernández, María José Lagoa, Natalia Piñeiro, Paula Castro, Sara Nieto Gil e Teresa Moreira.
  • Testemuñas: Carlos Zunzunegui, Carmen Suárez, Juan D. Comesaña, María Lagoa, Miguel Rodríguez Carretero, Noemi Fernández e Pilar Ferrari.
EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO
  • Deseño, confección e construción de vestiario: Sonia Rúa
  • Axudantes de vestiario: Alba Blanco, Lidia Gutiérrez, Chiruca Fernández.
  • Escenografía e atrezo: Pablo Giráldez “O Pastor”
  • Composición e Dirección Musical: Anxo Graña e Guillermo Lamosa
  • Fotografía, Cartel e Programa: Diego Seixo
  • Deseño iluminación: Salvador del Río e Héctor Pazos
  • Asistencia Técnica Iluminación: Héctor Pazos e Serafín Piñeiro
  • Asistencia Técnica Son: Miguel Angel Catro, Sisco Lariño
  • Profesor de esgrima histórica: Ricardo Soto
  • Dirección Coro Escola de Música: Andoni Conde Villar
  • Dirección Escenas da Rapazada: Lois Soaxe
  • Coreografía Danza dos Piratas: Miguel Sotelo
  • Coreografías Danza do Pobo e Danza de Liberación: Manolo Cobas
COORDINACIÓN E PRODUCIÓN: TEATRO DE NINGURES

Galería

Vídeo


Detalles

  • Autoría:

    Baseada no texto teatral “María Soliña” de Xose Manuel Pazos, nos poemas de Celso Emilio Ferreiro e na transcrición de documentos históricos

  • Adaptación e Dramaturxia:

    Casilda Alfaro e Salvador Del Río

  • Duración:

    145 min

  • Estreada:

    Cangas, 5 xullo 2009

Elenco

Casilda Alfaro

Sonia Salgado

Melania Cruz

Lois Soaxe

Amparo Martínez

Juan Luis Pérez

Rebeca Montero

Fran Paredes

Sonia Rúa

Sara Malvido

Sonia Rúa

Manolo Cobas

Descargas

Calendario