Skip to main content

Xacio anda na procura das illas que están asulagándose por causa da subida do nivel do mar, sen que ninguén se percate, sen que ninguén faga nada por evitalo, nunha viaxe post-iniciática, na madurez, alguén que deixa todo atrás para levar a cabo unha nova misión, necesariamente utópica, seguramente condenada ao fracaso, pero coa vontade suficiente para non renderse pese ás adversidades de toda viaxe.

Carocho e Pailona son dúas presenzas que o acompañan adoptando diferentes roles durante o percorrido, poden ser calquera de nós (veñen do público) e actúan favorecendo ou perxudicando sen querer a misión de Xacio, mesmo provocan que siga adiante nos momentos de desesperación.
Serán as tartarugas que buscan esa illa para desovar e que xa non existe, ou as aves que non teñen unha parada nas súas migracións, ou os arroaces que quedan presos nunha rede á deriva, ou calquera animal preso pola basura e o plástico que anda á deriva.
Temos por unha banda un personaxe introspectivo, co que moitas de nós podemos empatizar, aínda que nunca deamos ese paso adiante, pero que necesitamos vernos reflexados nestes anti-heroes para poder seguir coa tranquilidade das nosas vidas.
Temos por outro lado un transfondo de denuncia social, un pequeno amplificador que nos permita escoitar ese S.O.S., esa alarma que nos manda o planeta que poida servir para despertar en nós un sentimento de proximidade aos que sofren as consecuencias. Empatizar co que está en perigo, co débil, co que nos pide axuda.

Galería


Detalles

  • Duración:

    55 min

  • Estreada:

    Cangas, 21 xuño 2026


Elenco

Lois Soaxe

Lois Soaxe

Carlota Rosón

Carlota Rosón

Martín Blanco

Martín Blanco


Equipo artístico e técnico

  • Creación / Autoría:

    Carlota Rosón, Lois Soaxe, Martín Blanco e Salvador del Río

  • Idea:

    Lois Soaxe

  • Técnicos:

    Serafín Piñeiro
    Hector Pazos

  • Deseño e construción escenografía:

    Pablo Giráldez “O Pastor”

  • Deseño vestiario:

    Diego Seixo

  • Composición música orixinal:

    Héctor Pazos

  • Locución radio:

    Sara Santamaría

  • Deseño gráfico, fotografía e vídeo:

    Diego Seixo

  • Dirección:

    Salvador del Río

  • Coproduce:

    Mostra Internacional de Teatro cómico e festivo de Cangas

  • Contratación:

    Lilian Portela
    AMARELO Distribución
    + 34 610 106 808
    lilian@amarelo.es

Descargas

Prensa e opinión

Calendario