“Telma e Lola”· Vigo

Lola chega á vila onde naceu e da que marchou hai vinte anos coa súa parella, Rosalía, dun día para outro e sen que ninguén soubera ben o motivo. ou case ninguén.
Agora regresa para baleirar a casa, poñela en venta e liscar de novo a Tenerife. Unha visita de puro trámite. Lola pretende evitar a toda costa o trato social cos habitantes da vila e calquera cousa que lle faga remexer no seu pasado. Pero o seu plan axiña se torce.
A axente que se vai encargar da venta, Telma, é una moza insegura e entusiasta que ten idealizadas a Lola e Rosalía por ter sido a primeira parella lesbiana da vila. E máis naquela época.
Telma busca unha nova vocación como creadora de contidos e ve na historia de Lola un tema perfecto para o seu podcast. Lola, espaventada pola curiosidade da moza, tenta tirarlle esa idea da cabeza. Pero non hai xeito. Telma investiga pola súa conta e chega á conclusión de que a fuxida de Lola e Rosalía oculta un segredo aínda máis grande.
Un morto. un crime. un misterio aínda sen resolver.
REPARTO:
Iria Piñeiro
Fran Paredes
Casilda Alfaro
Mónica Camaño
Dirección: Salvador del Río
Texto: Daniel D. García e Sandra Lesta
Deseño Escenografía: Pablo Giráldez, “O PASTOR”
Deseño Vestiario: Sonia Rúa
Espazo Sonoro: Héctor Pazos
Deseño Iluminación: Héctor Pazos/Salvador del Río
Deseño Gráfico, Fotografía, Cartel e Programa: Diego Seixo
Contratación:
Lilian Portela
AMARELO Distribución
+ 34 610 106 808 / lilian@amarelo.es