Teatro de Ningures é a compañía que rescatou para as artes escénicas galegas a historia de María Soliña. Foi en 1989, cun espectáculo creado a partir dalgúns documentos históricos, do poema de Celso Emilio Ferreiro, de textos de Xosé Manuel Pazos Varela, das improvisacións das actrices e actores e da dramaturxia de Etelvino Vázquez.
Optamos por utilizar os datos históricos para trascendelos e crear unha ficción escénica sobre a intransixencia, a cobiza e a soidade, pero non un espectáculo historicista.
20 anos despois, decidimos reformular aquel proxecto con novos textos e dramaturxias que se adaptasen ao século XXI, recollendo as aportacións realizadas polas investigacións levadas adiante, dentro e fora do ámbito académico e do feminismo, sobre a caza de bruxas da que foron vítimas as mulleres, non só no Morrazo e Galicia senón en todo o mundo.
Así, ideamos un novo macroespectáculo de rúa, no que quixemos implicar a máis intérpretes e artistas que os propios da compañía, tanto amadores como profesionais e, tamén, ás asociacións sociais e culturais da vila e a toda a cidadanía do Morrazo, nunha decidida aposta por pór en valor e aproveitar a fabulosa materia prima que existe na comarca, tanto teatral e cultural como socialmente.
Esta segunda achega escénica a María Soliña, leva tatuado o noso ADN, o dunha compañía radicalmente implicada no territorio que, dende o seu nacemento, abríu as súas portas á vila e á comarca, buscando cómplices para o teatro e o seu poder como espello da sociedade, para estimular a reflexión, o pensamento crítico e a transformación social, cómplices para facer do Morrazo un lugar de convivencia e proxectalo máis alá das súas fronteiras.
Con este proxecto, Teatro de Ningures acadou a complicidade de toda unha cidadanía que participa, moi activamente, no macroespectáculo teatral e musical, A DEFENSA DA VILA. MARÍA SOLIÑA, no que están implicadas 13 asociacións sociais e culturais e máis de 150 persoas, entre profesionais e amadores, fortalecendo así o tecido social da comarca e creando un fabuloso espazo de memoria e de identidade colectiva. Un auténtico teatro comunitario.
A defensa da vila. María Soliña
Baseada no texto teatral “María Soliña” de Xose Manuel Pazos, nos poemas de Celso Emilio Ferreiro e na transcrición de documentos históricos.
Adaptación e Dramaturxia de Casilda Alfaro e Salvador Del Río.
COA PARTICIPACIÓN DAS ASOCIACIÓNS
A Cepa · Adicam · Ameaça de Bombo · ACF Tromentelo · AC Lembranzas da Ría · AC Peis d’hos AC Defensa da Vila · AC Xiria · Asoc. Mariñeiros de Bouzas · Asoc. Mulleres Escola Vella- O Hío · Club Falcata de Esgrima Histórica · Escola de Música e Conservatorio de Cangas · Escola de Teatro de Cangas · Grupo Vocal María Soliña · Grupo de Teatro das Aras · Pandereteiras de Lembranzas da Ría · Pandereteiras de Peis d’hos
Agradecemos a colaboración prestada a todas as persoas, asociacións, actrices, actores, bailaríns, bailarinas e músic@s, que fan posible esta montaxe teatral.
REPARTO
- María Soliña: Sonia Salgado
- Pedro Barba e Demo: Lois Soaxe
- Inquisidor: Juan Luis Pérez
- Cego: Fran Paredes
- Lazariña/zanfona: Sara Malvido
- Espantallo da Morte: Manolo Cobas
- Meigas: Bea Díaz, Carmen Suárez, Clara Sotelo, Luz Álvarez, María Fernández, María José Lagoa, Natalia Piñeiro, Paula Castro, Sara Nieto Gil e Teresa Moreira.
- Testemuñas: Carlos Zunzunegui, Carmen Suárez, Juan D. Comesaña, María Lagoa, Miguel Rodríguez Carretero, Noemi Fernández e Pilar Ferrari.
EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO
- Deseño, confección e construción de vestiario: Sonia Rúa
- Axudantes de vestiario: Alba Blanco, Lidia Gutiérrez, Chiruca Fernández.
- Escenografía e atrezo: Pablo Giráldez “O Pastor”
- Composición e Dirección Musical: Anxo Graña e Guillermo Lamosa
- Fotografía, Cartel e Programa: Diego Seixo
- Deseño iluminación: Salvador del Río e Héctor Pazos
- Asistencia Técnica Iluminación: Héctor Pazos e Serafín Piñeiro
- Asistencia Técnica Son: Miguel Angel Catro, Sisco Lariño
- Profesor de esgrima histórica: Ricardo Soto
- Dirección Coro Escola de Música: Andoni Conde Villar
- Dirección Escenas da Rapazada: Lois Soaxe
- Coreografía Danza dos Piratas: Miguel Sotelo
- Coreografías Danza do Pobo e Danza de Liberación: Manolo Cobas
COORDINACIÓN E PRODUCIÓN: TEATRO DE NINGURES
Galería
Vídeo
Detalles
-
Autoría:
Baseada no texto teatral “María Soliña” de Xose Manuel Pazos, nos poemas de Celso Emilio Ferreiro e na transcrición de documentos históricos
-
Adaptación e Dramaturxia:
Casilda Alfaro e Salvador Del Río
-
Duración:
145 min
-
Estreada:
Cangas, 5 xullo 2009
Elenco

Sonia Salgado

Lois Soaxe

Juan Luis Pérez

Fran Paredes

Sara Malvido
