“O BUSCADOR DE ILLAS”, unha peza para toda a familia coa que Teatro de Ningures fará navegar a nosa imaxinación. Xacio anda na procura das illas que están asulagándose pola subida do nivel do mar. Carocho e Pailona son dúas presenzas que o acompañan favorecendo ou perxudicando sen querer a súa misión: axudar ás tartarugas que buscan esa illa para desovar e que xa non existe, ás aves que non teñen unha parada nas súas migracións, aos arroaces que quedan presos nunha rede á deriva ou a calquera animal preso polo lixo que anda á deriva.
EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO
CREACIÓN / AUTORÍA: CARLOTA ROSÓN, LOIS SOAXE, MARTÍN BLANCO E SALVADOR DEL RÍO
IDEA: LOIS SOAXE
TÉCNICOS: SERAFÍN PIÑEIRO e HÉCTOR PAZOS
DESEÑO E CONSTRUCIÓN ESCENOGRAFÍA: PABLO GIRÁLDEZ “O PASTOR”
DESEÑO VESTIARIO: DIEGO SEIXO
COMPOSICIÓN MÚSICA ORIXINAL: HÉCTOR PAZOS
LOCUCIÓN RADIO: SARA SANTAMARÍA
DESEÑO GRÁFICO, FOTOGRAFÍA E VÍDEO: DIEGO SEIXO
DIRECCIÓN: SALVADOR DEL RÍO
COPRODUCE: MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS