«Telma e Lola». Vigo

Hai vinte anos, Lola e Rosalía marcharon da vila sen motivo aparente. Agora, Lola está de volta para unha viaxe de puro trámite: baleirar a casa familiar, vendela e volver canto antes a Tenerife, evitando reencontros incómodos co pasado.
Pero o destino ten outros plans. Telma, a entusiasta axente inmobiliaria encargada da venda, idolatra a Lola e a Rosalía por seren a primeira parella lesbiana do lugar. Determinada a triunfar como creadora de contidos, Telma atopa na viaxe de Lola a historia perfecta para o seu novo podcast.
Aínda que Lola tenta frear a súa curiosidade, Telma decide investigar pola súa conta… sen saber que está a piques de destapar un segredo oculto durante vinte anos.
Un corpo sen vida, especulación inmobiliaria, lesbofobia e un crime do pasado. Un misterio a piques de ser revelado… en formato podcast.
REPARTO:
IRIA PINHEIRO
FRAN PAREDES
CASILDA ALFARO
MÓNICA CAMAÑO
- Dirección: Salvador del Río
- Texto: Daniel D. García e Sandra Lesta
- Deseño Escenografía: Pablo Giráldez, “O PASTOR”
- Deseño Vestiario: Sonia Rúa
- Espazo Sonoro: Héctor Pazos
- Asistencia Coreografía: Raquel Ferradás
- Deseño Iluminación: Héctor Pazos/Salvador del Río
- Imaxe: Diego Seixo
Contratación:
Lilian Portela
AMARELO Distribución
+ 34 610 106 808 / lilian@amarelo.es