Skip to main content

A MITEU

Teatro de Ningures organiza coa Universidade de Vigo a Mostra Internacional de Teatro Universitario nos campus de Vigo e Pontevedra: formación a través de obradoiros de teatro (canteira actores e actrices) e promoción a través das representacións que ano tras ano nos permiten gozar e aprender cos traballos das aulas teatrais das universidades de todo o mundo.

Grupos de teatro universitario de todo o estado, Europa e América pasaron, pasan e seguirán a pasar por esta cita de referencia do Teatro Universitario para presentar as súas últimas producións. Porén, a Mostra é moito máis que unhas simples representacións. Por riba de todo é un punto de encontro e convivencia entre todas as persoas que amamos o teatro, universitarias e non universitarias.